QUEIMA DAS FACHAS
· p o l o s   a v ó s   d o s   n o s o s   a v ó s ·
A Queima das Fachas ou Folión de Castelo é unha festa que se celebra todos os anos durante a noite do 7 de setembro na parroquia de Castelo (Taboada-Lugo), situada na Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra.
Declarada Festa de Interese Turístico no 2008 
e  Ben de Interese Cultural  (BIC)  no 2018
Os veciños de Castelo refírense á Queima das Fachas como unha tradición que se debe manter. Por iso, cada ano salvagardan a celebración seguindo o que “escoitaba de pequeno” e o que “dicían os vellos”. As casas participan facendo a súa facha cunha técnica propia: paos de bido ou piñeiro de 5-7mts cubertos con agucios (asphodelus albus) entrelazados –de xeito que os seus extremos queden ocultos–, que se amarran con vimias. 
O día do Folión é o lume quen atrae a mirada de todas as persoas asistentes, sen embargo a singularidade e significados desta manifestación cultural inmaterial van mais alá: as xeracións máis vellas transmiten ás máis novas valores culturais que os fan únicos; algúns símbolos ligados á paisaxe adquiren unha atribución espiritual; as relacións entre as persoas de cada casa engrandécense nos diferentes itinerarios e lugares de preparación da facha; o castro despraza durante un día o lugar central da parroquia; a satisfacción durante a queima reforza os vínculos afectivos e o sentimento de pertenza dos veciños –entre outras características que podemos observar nun ritual que se vai intensificando dende que florecen os agucios ata que chega ao seu cénit coa queima das fachas, momento no que comeza unha festa que durará toda a noite.
- Xavier Viana -
A exposición “Queima das Fachas. Polos avós dos nosos avós" busca recoñecer e proxectar no exterior esta singular manifestación cultural da Ribeira Sacra lucense a través dun proxecto de colaboración entre o antropólogo Xavier Viana e a fotógrafa Lydia Castro.

Ubicación 

Casa Escola de Castelo 📍
Airexe, s/n 27559 CASTELO (Lugo)
[ 42°41'45.1"N 7°44'44.7"W ]
07/09/2019 - actualidade 

Casa da Cultura de Taboada
Avda. Lugo, 57-59 TABOADA (Lugo)
02/03/2019 - 31/03/2019
Cartelería
Folleto Informativo
Solicitar visita concertada á exposición
Solicitar cita previa
Grazas!
Volver